Servizos · Apartamentos turísticos
Webs con reserva directa para apartamentos turísticos
A túa web, o teu dominio e as túas reservas. O hóspede reserva e págache a ti, e o calendario segue sincronizado con Booking.com, Airbnb e Google.
Prezos
Todo incluído. O que cambia é o tamaño.
O traballo vai por aloxamento, así que o prezo vai por tramos. O que levas é o mesmo en todos.
1–2aloxamentos
Un ou dous aloxamentosA páxina, o calendario e as fotos de cada un.
1.000€
3–5aloxamentos
De tres a cinco aloxamentosO máis habitual
Cada un cos seus prezos e o seu calendario, todos nun panel.
2.500€
6–10aloxamentos
De seis a dez aloxamentosCatálogo completo cun panel único para xestionalo todo.
5.000€
+10aloxamentos
Máis de dez, ou xestoraXestoras e propietarios con moitas unidades
Varias marcas ou varios propietarios: catálogo, marca por propietario e informes.
Baixo orzamento
Despois da entrega
A comisión só corre cando cobras ti
Non hai cota fixa. Do que entre pola túa web pagas un 5% cada mes, e o mes que non entre ningunha reserva non hai comisión que pagar. As que veñan de Booking ou Airbnb non pagan nada a maiores. Se contratas algún engadido de pago mensual, ese vai á parte.
5%das reservas directas, cada mes
O detalle
Sen letra pequena
A webA túa, no teu dominio, feita para que te atopen.5
- Web a medida, deseñada e construída para o teu aloxamento
- Dominio propio incluído
- Correo personalizado co teu dominio
- SEO local e blog para saír en Google
- Animacións e microinteraccións premium
As reservasEntran pola túa web e o diñeiro vai á túa conta.4
- Reserva directa: o hóspede reserva e paga na túa web
- Calendario sincronizado con Booking.com, Airbnb e Google
- Cobro directo á túa conta, coa túa pasarela
- Código de entrada automático para cada reserva
A xestiónTodo desde o móbil, sen chamar a ninguén.4
- Panel de xestión en vivo: prezos, reservas e incidencias
- Prezo recomendado por noite, calculado co teu historial
- Informe mensual de ocupación
- Posta en marcha, actualizacións, copias de seguridade e soporte
Se queres ir máis alá
Engadidos opcionais
Sesión de foto e vídeo
Xornada completa no aloxamento con vídeo curto para redes. As fotos son o que máis move unha reserva directa.
450€
Bot de atención 24/7
Responde ao hóspede a calquera hora: dispoñibilidade, normas da casa, como chegar. Ti só atendes o que importa.
1.200€
SEO Premium
Traballo activo de ocupación todo o ano: contido por tempada, buscas da túa zona e seguimento mes a mes.
250€/mes
Copywriting integral
Escribímosche a web enteira: cada sección pensada para que a visita remate en reserva.
700€
Deseño de marca
Nome, logotipo e sistema visual para o teu aloxamento, se aínda non os tes.
1.500€
A conta, cos teus números
Canto che está custando Booking?
O que che cobramos
5%
Por reserva directa.
Facturando 16.200 € ao ano nesas noites:
Aforro cada ano
2106 €
O pago único da web recupérase co aforro — e a web, o dominio e os hóspedes quedan sendo teus.
*15% de comisión estándar de Booking.com máis o IVE sobre a comisión. Nos programas preferentes, máis. Cálculo orientativo sobre as noites que hoxe entran por Booking.
Proceso
Como funciona
- 01
A web faina alguén que sabe
Non é unha plantilla con fotos túas dentro: é unha web feita para o teu apartamento e para que Google a atope.
- 02
As reservas chegan a ti
O hóspede reserva e paga na túa web. Booking, Airbnb e Google seguen sincronizados: nunca hai dobre reserva.
- 03
E xestiónalo ti, desde o móbil
Prezos, calendario e reservas nun só sitio. Sen chamar a ninguén e sen esperar a que che contesten.
Condicións
Tres cousas que che dicimos antes de que preguntes
- 01
Somos caros comparados cunha plantilla
Unha web de plantilla cústache pouco máis de 10€ ao mes e móntala ti. Se o prezo é o único criterio, esa é a túa opción — e dicímoscho en serio, sen retranca.
- 02
Non facemos mantemento de webs que non fixemos nós
Só sostemos o que construímos, porque é o único que podemos garantir. Se xa tes web e non a fixemos nós, o que che ofrecemos é refacela, non parchear.
- 03
Necesitamos dúas horas túas nas primeiras semanas
Hai un paso que non podemos dar por ti: conectar a túa conta de cobro para que o hóspede te pague directamente. Sen iso, a reserva directa non chega a funcionar. Dúas horas túas, e non volvemos molestar.
Garantía
Que pasa se algo falla
- Falas sempre coa mesma persoa: quen deseña e programa a túa web. Non hai centraliña.
- Antes de empezar recibes un calendario con fitos e un prezo pechado por escrito.
- Se algo deixa de funcionar por culpa nosa, arránxase sen custo e sen discutir.
- A web, o dominio e os textos son teus. Se algún día marchas, lévalos contigo.
- Resposta en menos de 24 h en días laborables.
Preguntas frecuentes
O que nos preguntan
Non é caro?
Compárao co que che leva hoxe cada reserva dunha plataforma. A web págase unha vez e é túa, e despois a comisión é dun 5% en vez dun 18%. Na primeira conversa facémosche as contas cos teus números.
Que pasa coas miñas reservas de Booking.com e Airbnb?
Seguen igual. O calendario sincronízase con Booking.com, Airbnb e Google — nunca hai dobre reserva. A túa web é unha canle máis, e a que máis marxe che deixa.
Como cobro as reservas directas?
O hóspede paga na túa web e o diñeiro chega directo á túa conta, coa túa propia pasarela de pagamento. Alumeo nunca toca o diñeiro das túas reservas.
Hai cota mensual?
Cota fixa non. Do que entre pola túa web pagas un 5% cada mes, así que o mes que non entre ningunha reserva non hai comisión que pagar. As actualizacións, as copias de seguridade, o soporte e o panel van incluídos. Se contratas algún engadido de pago mensual, como o SEO Premium, ese vai á parte.
Canto tempo leva ter a web en marcha?
Depende do tamaño e do material co que contes (fotos, textos). Antes de empezar dámosche unha data pechada de entrega e cumprímola.