Básica 19€/mes · Completa 29€/mes. Actualizacións, copias de seguridade, soporte técnico e pequenos axustes. Sen permanencia: cancelas cando queiras.
Web propia
Quedar coa túa marxe
21% fronte a menos do 2%
Booking.com leva ata un 21% de cada reserva. Cobrando con tarxeta na túa propia web, o custo é de menos do 2%.
Un caso real: Casa Xoubiña
casaxoubina.com cobra agora directamente na súa web, pagando menos do 2% por reserva en vez do 21% de comisión.
Web propia
O teu dominio, as túas fotos, o teu relato. Os hóspedes atópante e escríbenche a ti.
Marca que queda
Quen repite, repite contigo — non coa plataforma. A web traballa para a túa marca todo o ano.
A conta, cos teus números
Canto che está custando Booking?
O que che cobramos nós por reserva
0%
Sen comisión. Só pagas a pasarela de cobro: menos do 2%.
Facturando 16.200 € ao ano nesas noites:
Por Booking (≈21%*)3402 €
Na túa web (<2%)324 €
Aforro cada ano
3078 €
A web paga o seu prezo co aforro dun só ano — e a web, o dominio e os hóspedes quedan sendo teus.
*Booking.com cobra entre o 15% e o 21% de comisión segundo o programa e o IVE. Na web propia, o cobro con tarxeta custa menos do 2%. Cálculo orientativo sobre as noites que hoxe entran por Booking.
Proceso
Como funciona
01
A web faina alguén que sabe
Non é unha plantilla con fotos túas dentro: é unha web feita para o teu apartamento e para que Google a atope.
02
Os hóspedes atópante e escríbenche
WhatsApp, teléfono, formulario e mapa a un toque, en móbil e en escritorio.
03
Nós ocupámonos do mantemento
Actualizacións, copias de seguridade e soporte cada mes. Sen permanencia.
Condicións
Tres cousas que che dicimos antes de que preguntes
01
Somos caros comparados cunha plantilla
Unha web de plantilla cústache pouco máis de 10€ ao mes e móntala ti. Se o prezo é o único criterio, esa é a túa opción — e dicímoscho en serio, sen retranca.
02
Non facemos mantemento de webs que non fixemos nós
Só sostemos o que construímos, porque é o único que podemos garantir. Se xa tes web e non a fixemos nós, o que che ofrecemos é refacela, non parchear.
03
Necesitamos o teu material para empezar
Fotos, textos e datos do aloxamento: sen eles non hai web. Se non tes fotos boas, dicímosche como facelas ou podemos axudarte cunha sesión (engadido). O prazo de 7 ou 14 días conta desde que temos o material.
Garantía
Que pasa se algo falla
Falas sempre coa mesma persoa: quen deseña e programa a túa web. Non hai centraliña.
Antes de empezar recibes unha data de entrega e un prezo pechado por escrito: 50% ao aceptar e 50% á entrega.
Se algo deixa de funcionar por culpa nosa, arránxase sen custo e sen discutir.
A web, o dominio e os textos son teus. Se algún día marchas, lévalos contigo.
Resposta en menos de 24 h en días laborables.
Preguntas frecuentes
O que nos preguntan
Non é caro?
+
A web págase unha vez e é túa. Despois só hai unha cota de mantemento mensual pequena, e o pago divídese: 50 % ao aceptar e 50 % á entrega.
Que diferenza hai entre Básica e Completa?
+
A Básica é unha web a medida con dominio, correo e contacto directo. A Completa engade SEO local, blog, sección da zona, opinións integradas e a web en 3–4 idiomas.
Que inclúe o mantemento mensual?
+
Actualizacións, copias de seguridade, soporte técnico e pequenos axustes. Sen permanencia: cancelas cando queiras.
Canto tempo leva ter a web en marcha?
+
A Básica entrégase en 7 días e a Completa en 14, desde que recibimos fotos e textos. Antes de empezar dámosche unha data pechada e cumprímola.